Venecia
VENECIA
Venecia é unha cidade moi coñecida de Italia.
Atópase no nordeste da península itálica, é moi fermosa e turística.
Eu mesma visitei esta cidade, quedoume gana de poder pasar alí máis días, xa que estiven unicamente 4 días.
Recomendaría que todo quen puidese a visitara, podes descubrir museos das pasadas civilizacións, somerxerte nas marabillosas augas que bañan a cidade, pasear nunha preciosa (aínda que cara) góndola, descubrir e aprender o idioma...
Venecia ofrece un montón de opcións que visitar, aquí propoño varios exemplos:
- Con respecto á canle ademais de navegar en góndola tamén é moi interesante viaxar en Vaporetto.

- Coñecer a Ponte de Rialto é pasar un momento cheo de recordos, digo isto porque esta ponte non é unha ponte calquera é verdadeiramente inmensa, onde podes mercar todo tipo de recordos e regalos.
- A Basílica de San Marcos é un bonito lugar para visitar, é gratuito, aínda que ten algunhas zonas que tes que pagar para poder entrar.
- Ponte dos suspiros: esta ponte une o Palacio Ducal coa antiga prisión da Inquisición. O nome desta ponte é porque se refire aos suspiros que botaban os presos ao ver o mar por última vez antes de ser xulgados.
- As máscaras venecianas son un espectáculo de cores e hainas de diversas variedades, seguindo o gusto da persoa. Se falamos de carnaval veneciano é indispensable falar das rúas de Venecia, xa que están cheas de cores, e todo o mundo vístese para a ocasión e sae ás rúas para ver o marabilloso espectáculo.
- Unha das cousas máis bonitas é perderse polas rúas de Venecia, sen mapa, sen tecnoloxías para non ter a tentación de buscar en Google Maps ou algún buscador deste estilo.
- Por información sobre Venecia podería estenderme para facer polo menos un libro de 400 páxinas.
- Pero recorda, que se tes o privilexio de poder visitar Venecia, nunca te despidas dela definitivamente, porque estou segura de que algún día volverás.
Carla Cortiñas Laíño

Comentarios
Publicar un comentario