Saltar ao contido principal

Publicacións

Destacados

Baixo a mesma estrela

Baixo a mesma estrela - AUTOR: Jonh Green - EDITORIAL: Dutton books -ANO: 2012 Baixo a mesma estrela, este libro xuvenil trata da historia de amor entre Hazel Grace e Augustus Waters, dous adolescentes con cancro que se coñecen nun grupo de apoio. A historia é narrada por Hazel Grace, unha adolescente de dezaseis anos á que lle detectaron un cancro de pulmón incurable aos trece anos. Hazel Grace coñece a Augustus Waters nun grupo de apoio ao que foi obrigada a ir polo seu pai e a súa nai. O libro narra a súa historia de amor, como loitan contra o cancro e unha viaxe inolvidable para as súas vidas. Este libro encantoume, xa que fala do cancro, un tema do que non é doado escoitar falar. Ademais encántanme os detalles, como por exemplo, os lugares onde ocorren as tramas do libro. É unha historia moi bonita cun final desgarrador. Recoméndovola pero douvos un consello: utilizade panos cando esteades chegando ao final. Carla del Río

Publicacións máis recentes

Jules Verne e a vida das mulleres planta

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta

Recensión de rebeldes

RECENSIÓN DO LIBRO "TIMMANTI.DESCUBRE LA VERDAD" CARLA C.

Divergente

Recensíon: Wonder

TheGrefg los secretos de youtube

Hush, hush

recensión de Baixo a mesma estrela