Jules Verne e a vida das mulleres planta

Jules Verne e a vida das mulleres planta


Autora do libro: Ledicia Costas Álvarez
Editorial: Xerais
Ano de publicación: 2016

É un libro de literatura xuvenil para adolescentes e adultos.

Trata de que Jules Verne chega a Vigo para recadar información sobre as mulleres planta. Alí atopa a Violeta e a Melisa. Esta última está a convertirse en salgueiro e por iso ten que ir á Fraga das mulleres planta.

Este libro é intrigante, pois tente enganchado ata o final sen saber o que vai suceder a continuación e, ás veces, suceden cousas inesperadas. Ademais, tamén me gustou porque narra unha aventura que mestura o imaxinario co real.

En conclusión, se vos gusta a intriga e as aventuras, recomendaríavos que o lesedes.


                                                                                                                         Nerea Martínez Chenlo

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares