recensión de Baixo a mesma estrela

 


                                      Baixo a mesma estrela

- AUTOR: Jonh Green
-EDITORIAL: Dutton books
-ANO: 2012


Baixo a mesma estrela, este libro xuvenil trata da historia de amor entre Hazel Grace e Augustus Waters, dous adolescentes con cancro que se coñecen nun grupo de apoio.

Resultado de imaxes para the fault in our starsA historia é narrada por Hazel Grace, unha adolescente de dezaseis anos á que lle detectaron un cancro de pulmón incurable aos trece anos. Hazel Grace coñece a Augustus Waters nun grupo de apoio ao que foi obrigada a ir polo seu pai e a súa nai. O libro narra a súa historia de amor, como loitan contra o cancro e unha viaxe inolvidable para as súas vidas.

Este libro encantoume, xa que fala do cancro, un tema do que non é doado escoitar falar. Ademais encántanme os detalles, como por exemplo, os lugares onde ocorren as tramas do libro. É unha historia moi bonita cun final desgarrador. Recoméndovola pero douvos un consello: utilizade panos cando esteades chegando ao final.














Comentarios

Publicacións populares