Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta





           
                JULES VERNE E A VIDA  SECRETA DAS MULLERES PLANTA


Título: Jules verne e a vida secreta das mulleres planta
Autora: Ledicia Costas
Editorial: Xerais
Ano: 2016

Ledicia Costas escribiu moitos libros, este é un dos últimos. É un libro de literatura infantil/xuvenil.

Este libro vai dun home chamado Jules Verne que ten a sospeita de que hai unha xeración de mulleres planta. Un día detivo o seu barco en Vigo e decidiu ir a investigar máis sobre a súa sospeita, mentres Philipot e Violeta intentan axudar a Melisa descubrindo onde se atopa a fraga onde Melisa podería rematar a súa transformación en planta. Despois dunha larga búsqueda, Philipot, Violeta, Sanjurjo e Pierre xúntanse para rematar coa investigación e alí emprenden unha viaxe na que sucederán feitos inesperados.


Este libro paréceme interesante e entretido por todo o que teñen que pasar os personaxes para conseguir chegar ata aquela fraga.
Tamén a parte do final na que conta como seguen as vidas dos personaxes, algúns son moi inesperados.

En conclusión,este libro o recomendaría para a xente que lle gusten os libros de aventuras.








                                                                                      Tiara Rosende Di Battista   2ºA


















Comentarios

  1. *Larga búsqueda= longa busca

    *o recomendaría= recomendaríao (ollo coa colocación do pronome átono, que é un erro grave)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares