Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta
JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA
Título: Jules verne e a vida secreta das mulleres planta
Autora: Ledicia Costas
Editorial: Xerais
Ano: 2016
Ledicia Costas escribiu moitos libros, este é un dos últimos. É un libro de literatura infantil/xuvenil.
Este libro vai dun home chamado Jules Verne que ten a sospeita de que hai unha xeración de mulleres planta. Un día detivo o seu barco en Vigo e decidiu ir a investigar máis sobre a súa sospeita, mentres Philipot e Violeta intentan axudar a Melisa descubrindo onde se atopa a fraga onde Melisa podería rematar a súa transformación en planta. Despois dunha larga búsqueda, Philipot, Violeta, Sanjurjo e Pierre xúntanse para rematar coa investigación e alí emprenden unha viaxe na que sucederán feitos inesperados.
Este libro paréceme interesante e entretido por todo o que teñen que pasar os personaxes para conseguir chegar ata aquela fraga.
Tamén a parte do final na que conta como seguen as vidas dos personaxes, algúns son moi inesperados.
En conclusión,este libro o recomendaría para a xente que lle gusten os libros de aventuras.
Tiara Rosende Di Battista 2ºA
*Larga búsqueda= longa busca
ResponderEliminar*o recomendaría= recomendaríao (ollo coa colocación do pronome átono, que é un erro grave)