RECENSIÓN DO LIBRO "TIMMANTI.DESCUBRE LA VERDAD" CARLA C.
TIMMANTI. DESCUBRE LA VERDAD
- Autor: Rebeca Stones.
- Editorial: Montena.
- Ano: 2016
A nova autora Rebeca Stones, grazas as súas ansias e creatividade, escribe Timantti. Descubre la verdad, unha novela perfecta para adentrarte nun mundo cheo de secretos e mentiras. Esta famosa youtuber, publica o seu primeiro libro, un apaixonante thriller protagonizado por Timantti, unha moza de dazaseis anos que, envolta nun emocionante trama de espionaxe, trata de sobrevivir.
A autora xunta suspense, acción e aventura para crear esta atractiva novela xuvenil. Timantti é filla de dous espías e, durante toda a súa vida, adestrárona para que seguise coa tradición familiar. Seu pai e súa nai vense obrigados a mandala a un orfanato para nenos ricos, en Australia, mentres eles levan a cabo unha misión en Arxentina. Pero a protagonista irase dando conta de que as cousas alí non encaixan.
Creo que un dos puntos máis fortes da novela é a protagonista, xa que ten uns rasgos pouco comúns nos personaxes doutros libros xuveniles; é fría, sen escrúpulos e cuns valores moi claros.
Tamén é certo que nalgunha parte a autora sáltase algún dato e certa distancia no tempo, o que pode levar a confusión no lector. Pero este é o único punto negativo que atopei na novela.
O certo é que cando pechei o libro ao rematalo, aínda non acababa de ser consciente de que ahí rematava o meu percorrido por esta aventura que Rebeca nos ofrece.
En conclusión, un thriller xuvenil moi adictivo, que consegue que o lector ou lectora continúe expectante ata o final, deseando seguir lendo máis novelas de Rebeca Stones.
Carla Cortiñas Laíño.

Boa recensión, Carla!
ResponderEliminarsecretos*= segredos (secreto é un adxectivo)
ahí rematava*= aí remataba
deseando*= desexando