Divergente


Título orixinal: Divergent


Divergente

Resultado de imaxes para divergente libro

Autora do libro: Veronica Roth
Editorial: HarperCollins
Ano de publicación: 2011

Divergente é un libro de acción e ciencia ficción para adolescentes e adultos. A triloxía componse de Divergente, Insurgente e Leal


O libro trata dunha rapaza chamada Tris de 16 anos que vive nunha sociedade de faccións. A xente que é diverxente coma ela; é dicir, que non pertence a unha soa facción, está en perigo porque a sociedade pensa que os diverxentes son perigosos. Na súa nova facción, Osadía, namórase do seu instructor, Cuatro. Xuntos tratan de liberar a xente do sistema de faccións.

Eu recomendo esta triloxía. Gustoume moito, porque cando remataba un capítulo, sempre quería seguir lendo. É moi adictivo, e si che gusta o drama e aventuras, recomendo que probes a lelo. Si tamén leches e che gustou o libro de Los Juegos del Hambre, seguro que che gustará este, porque a trama é bastante similar, pero ao mesmo tempo distinta. A triloxía de Divergente é a colección de libros que máis me gustou, como opinión persoal. Os seus personaxes son moi orixinais e cunha personalidade moi distinta e interesante, cos seus defectos e virtudes.

Laura Carballo Boga

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares