Xogo de Tronos
Xogo
de Tronos
Xogo de tronos é unha serie
americana de fantasía medieval creada para a canle HBO por
David Benioff e D.B. Weiss. Está baseada na obra do autor George R.R
Martin “ A song of ice and fire ”
(
Canción de lume e xeo ) a serie ródase en Paint Hall Studios
de Belfast e en diversas
localizacións en Irlanda do Norte , Malta, Croacia, Islandia, os
EE.UU e Marrocos. A primeira tempada foi estreada o 17 de abril do
2011 e a súa séptima tempada rematou o 27 de agosto do 2017. A
serie rematará coa oitava tempada en 2018 ou 2019.
Esta
serie ambientada na época medieval, trata de relatar a loita polo
Trono de Ferro, que é o trono que todos desexan para gobernar os
Sete Reinos, é dicir todo o territorio na serie.
16,1
millóns de espectadores. Deles 10,1 millóns viron o episodio en
directo a través de HBO mentres que o resto dos visionados proceden
das reproducións en gravadores de vídeo dixital e streaming.
Eddard "Ned"
Stark (Sean Bean ) é o xefe da casa Stark, cuxos membros están
envoltos na maioría das liñas argumentais da serie. El e a súa
muller Catelyn Tully (Michelle Farley) teñen cinco fillos: o maior,
Robb (Richard
Madden), a melindrosa Sansa (Sophie Turner), a marimacho Arya
(Maisie Williams), o aventureiro Bran (Isaac
Hempstead Wright) e o máis cativo, Rickon (Art Parkinson). O
refén e pupilo de Ned, Theon Greyjoy (Alfie Allen) vivía e servía
ós Stark antes de atoparse co sádico Ramsay Snow (Iwan Rheon). A
muller de Robb é a curadora Talisa Maegyr (Oona Champley), e Arya
fixo amizade co aprendiz de ferreiro Gendry (Joe Dempsey). O fillo
bastardo de Ned, Jon Nieve (Kit Harington) e o seu amigo Samwell
Tarly (John Bradley) serven na Garda da Noite baixo o mando do Lord
Comandante Jeor Mormont (James Cosmo). A rubia Ygritte (Rose Leslie),
unha dos salvaxes liderados por Tormund Giantsbane (Kristopher
Hivju), é a namorada de Jon Nieve, e Sam coida dunha das mulleres
salvaxes de Craster, Gilly. Catelyn é servida por unha guerreira.
O vello amigo de Ned, o Rei
Robert Baratheon (Mark
Addy ) está casado coa
Raíña Cersei Lannister (Lena
Headey), que ten ó seu
irmán xemelgo, o "Matarreis" Ser Jaime Lannister (Nicolaj
Coster-Waldau) como
amante. Ela detesta ó seu irmán menor, o espelido anano Tyrion
Lannister (Peter
Dincklage), que conta
coa súa amante Shae (Sibell
Kekilli) e o mercenario
Bronn (Jerome Flinn).
O pai de Cersei é o rico Lord Tywin Lannister (Charles
Dance), e o seu fillo
maior, o cruel Joffrey (Jack
Gleeson), é protexido
polo seu guerreiro gardián Sandor "o Can" Clegane (Rory
McCann).
Os conselleiros reais inclúen ó arteiro Mestre da Moeda, Lord Petyr "Maimiño" Baelish (Aidan Gillen) e ó eunuco espía Lord Varys (Conleth Hill). O irmán de Robert, Stannis Baratheon (Stephen Dillane) é aconsellado pola sacerdotisa estranxeira Melisandre (Carice van Houter) e o antigo contrabandista Ser Davos Seaworth (Liam Cunnigham). A rica casa Tyrell está representada na corte pola ambiciosa Margaery Tyrell (Natalie Dormer).
Alén do Mar Angosto, os irmáns Viserys (Harry Lloyd) e Daenerys Targaryen (Emilia Clarke) – os nenos exiliados da dinastía derrotada por Robert Baratheon – intentan recuperar o seu trono lexítimo. Daenerys casou con Khal Drogo (Jason Momoa), o líder dos nómades Dothraki, e é vixilada polo cabaleiro exiliado Ser Jorah Mormont (Iain Glen).
Non sei quen é o autor/autora. Esta copiado directamente de internet.
ResponderEliminar