TORTIÑAS CASEIRAS
TORTIÑAS CASEIRAS
-Ingriedentes :
180 gramos de fariña.
2 ovos
50 gramos de manteiga fundida.
275 gramos de leite.
50 gramos de azucre.
1 culleradiña de esencia de vainilla.
1/2 culleradiña de sal.
3 culleradiñas de levedo en pó.
-Elaboración :
Batemos os 2 ovos nun bol grande, ata que queden ben batidos, isto sabemolo cando vemos que está creada pola superficie a escuma.
Logo engadimos o azucre e remexemos ben ata que vexamos que ten unha cor amarela.
Mesturamos a fariña e o levedo antes de engadilo á nosa mestura. E hai que ir tamizando e remexendo a fariña e o levedo. Despois disto vainos quedar unha mestura non moi líquida.
Engadimos a leite e volvemos a remexer, quedándonos así outra vez líquido.
Poñemos a quentar a manteiga no microondas, durante uns 30 segundos, con coidado , xa que dependendo do microondas necesita máis ou menos tempo para derretirse. Antes de engadir a manteiga temos que deixala enfriar, para que non se corte cos outros ingredientes , tendo que volver a comezar se esto nos sucede.
Logo remexemos ben e collemos unha tixola. Derretimos un anaco de manteiga na tixola para que non se nos peguen as tortiñas. Vamos facéndoas pouco a pouco e deixándoas tostar ao noso gusto.
E... TEMOS UNHAS TORTIÑAS RIQUÍSIMAS!!
Son ideais para unha merenda fantástica ou para un almorzo xenial.
Carla Cortiñas Laíño.
Moi bo texto, Carla!
ResponderEliminarCorreccións:
pó*= non leva acento. Recorda que os monosílabos non levan (agás o diacrítico)
sabemolo*= sabémolo (esdrúxula)
volvemos a* remexer= volvemos remexer (sen a)
derretirse*= derreterse
esto*= isto
vamos*= imos