A FAVOR DO MATRIMONIO HOMOSEXUAL



                                LEI  DO MATRIMONIO HOMOSEXUAL


A lei do matrimonio homosexual naceu o 27 de decembro de 2005. Esta permite o matrimonio entre gais e lesbianas, é dicir, entre persoas do mesmo sexo.

Eu considero que esta lei era e é totalmente necesaria xa que, tanto gais coma lesbianas terían que ter os mesmos dereitos que os heterosexuais. Ademais, penso que unha persoa non debería ter ou non ter dereitos por culpa da súa orientación sexual ou por culpa de como se sinta co seu corpo. Aínda que hai unha lei do matrimonio homosexual, hai xente que segue pensando que isto é unha mala idea e que seguen crendo que ser do colectivo LGTB é ter unha enfermidade e esta idea ten que acabar porque como xa dixen antes eles/as son persoas e deberían  ser tratados como tal. Así mesmo, penso que todas as persoas teñen dereito a felicidade, e, que eu saiba, a felicidade non está marcada pola túa orientación sexual ou polo que  sintas ti co teu corpo.

Ademais, vou falar dun tema parecido ao anterior. Non entendo porque hai xente que pensa que dous homes ou dúas mulleres non poden ter fillos ou que non están capacitados para telos simplemente por ser unha parella  homosexual. Eles/as teñen o mesmo dereito que calquera persoa a ser pais/nais ou a adoptar a un neno/a. De feito, posiblemente os fillos/as dunha parella homosexual criaranse nun ámbito de liberdade no que ninguén xuzga a ninguén pola súa orientación sexual.

En resumen, a lei do matrimonio homosexual é totalmente necesaria pero a mentalidade da xente debería cambiar sobre iso, xa que eles/as seguen sendo persoas coma un heterosexual e deberían ter os mesmos dereitos.



                                                                                  - CARLA DEL RÍO OTERO.




 

Comentarios

  1. O texto está fenomenal. Ben defendido e bo uso da lingua.

    Dereito á* felicidade (til diacrítico no a)
    sepa*= saiba
    Parexa*= parella
    duas*= dúas
    adotar*= adoptar
    nadie*= ninguén
    resumen*= resumo

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares