Visita a Lugo


No día de hoxe visitamos o Museo Provincial de Lugo. Alí preparáronnos unha ruta literaria que estaba baseada nos contos de pantasmas que lemos na clase. Os equipos realizaron un gran traballo, sobre todo o formado por Carla Cortiñas, Laura, Estrella, Alejandra, Nerea e María Cobas. Aquí as tedes traballando. Nin un só fallo tiveron!




O resto tamén o fixo moi ben, aínda que nalgúns equipos faltou coordinación.








Logo visitamos varias salas do museo e sacamos unhas fotos. Aquí no pozo dos desexos.


Tentamos dar un paseo pola cidade, pero pillamos unha boa molladura. Refuxiámonos nun xardín anexo ao museo. A verdade é que sacamos unhas fotos bastante chulas con esas raiolas de sol que saíron por momentos.







Unhas fotos de grupo na porta do museo e a comer. 



Foi un día agradable, aínda que o tempo non nos acompañase. Teño que dicir que vos portastes moi ben e que as profesoras marchamos moi contentas. Agardo que pasásedes unha boa xornada.

Iria

Comentarios

  1. Paseino moi ben, gustoume moito a actibidade e encantoume Lugo Grazas pola experiencia ❤

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares