Cancion de Lume e Xeo Diego Rivera
Canción de Xeo e Lume
O autor foi George RR Martin, o título é Canción de Xeo e Lume, o primeiro libro foi publicado en 1996 e a serie de libros segue escribindose na actualidade, a serie de libros foi e será publicada polas editoriais Bantan Books, Voyager Books e Ediciones Gigamesh.
É unha saga que conta a historia dun mundo fantástico coa tecnoloxía da Idade Media na que hai moitos personaxes intentan tomar o control dun país, Poniente ou desintegralo. Nesta serie de libros creada por George RR Martin podemos ler accións violentas, desagradables, de sexo, incesto e grandes complots para ter o poder.
A serie de libros conta como varios personaxes intentan obter o poder de Ponientre, xa sexa mediante guerras, complots ou traicións.Nestes libros ningún personaxe esta a salvo da morte e en calquer momento pode morrer un personaxe principal.
Gustoume debido a que non te podes esperar o desenlace de calquera acción e tamén debido aos temas que trata previamente mencionados, e recomendollo ás persoas que lle gusten as historias de guerra ambientadas na Idade Media con un toque fantástico e con moita intriga, pero non llo recomendo á xente moi xoven ou que lle afecte moito as escenas de violencia extrema.
En conclusión, a serie de libros de George RR Martin recomendovola de todo corazón e espero que a disfrutedes tanto como eu o fixen.

Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarO nome non o poñas no título, pono ao final.
ResponderEliminarEscribindose*= palabra esdrúxula
esta a salvo*= está
calquer*= calquera
xoven*= xente nova