Xogo de Tronos
Xogo de tronos é unha serie americana de fantasía medieval creada para a canle HBO por David Benioff e D.B. Weiss. Está baseada na obra do autor George R.R Martin “ A song of ice and fire ”
( Canción de lume e xeo ) a serie ródase en Paint Hall Studios de Belfast e en diversas localizacións en Irlanda do Norte , Malta, Croacia, Islandia, os EE.UU e Marrocos. A primeira tempada foi estreada o 17 de abril do 2011 e a súa séptima tempada rematou o 27 de agosto do 2017. A serie rematará coa oitava tempada en 2018 ou 2019.
Esta serie ambientada na época medieval, trata de relatar a loita polo Trono de Ferro, que é o trono que todos desexan para gobernar os Sete Reinos, é dicir todo o territorio na serie.

16,1 millóns de espectadores. Deles 10,1 millóns viron o episodio en directo a través de HBO mentres que o resto dos visionados proceden das reproducións en gravadores de vídeo dixital e streaming.

Eddard "Ned" Stark (Sean Bean ) é o xefe da casa Stark, cuxos membros están envoltos na maioría das liñas argumentais da serie. El e a súa muller Catelyn Tully (Michelle Farley) teñen cinco fillos: o maior, Robb (Richard Madden), a melindrosa Sansa (Sophie Turner), a marimacho Arya (Maisie Williams), o aventureiro Bran (Isaac Hempstead Wright) e o máis cativo, Rickon (Art Parkinson). O refén e pupilo de Ned, Theon Greyjoy (Alfie Allen) vivía e servía ós Stark antes de atoparse co sádico Ramsay Snow (Iwan Rheon). A muller de Robb é a curadora Talisa Maegyr (Oona Champley), e Arya fixo amizade co aprendiz de ferreiro Gendry (Joe Dempsey). O fillo bastardo de Ned, Jon Nieve (Kit Harington) e o seu amigo Samwell Tarly (John Bradley) serven na Garda da Noite baixo o mando do Lord Comandante Jeor Mormont (James Cosmo). A rubia Ygritte (Rose Leslie), unha dos salvaxes liderados por Tormund Giantsbane (Kristopher Hivju), é a namorada de Jon Nieve, e Sam coida dunha das mulleres salvaxes de Craster, Gilly. Catelyn é servida por unha guerreira.
O vello amigo de Ned, o Rei Robert Baratheon (Mark Addy ) está casado coa Raíña Cersei Lannister (Lena Headey), que ten ó seu irmán xemelgo, o "Matarreis" Ser Jaime Lannister (Nicolaj Coster-Waldau) como amante. Ela detesta ó seu irmán menor, o espelido anano Tyrion Lannister (Peter Dincklage), que conta coa súa amante Shae (Sibell Kekilli) e o mercenario Bronn (Jerome Flinn). O pai de Cersei é o rico Lord Tywin Lannister (Charles Dance), e o seu fillo maior, o cruel Joffrey (Jack Gleeson), é protexido polo seu guerreiro gardián Sandor "o Can" Clegane (Rory McCann).
Os conselleiros reais inclúen ó arteiro Mestre da Moeda, Lord Petyr "Maimiño" Baelish (Aidan Gillen) e ó eunuco espía Lord Varys (Conleth Hill). O irmán de Robert, Stannis Baratheon (Stephen Dillane) é aconsellado pola sacerdotisa estranxeira Melisandre (Carice van Houter) e o antigo contrabandista Ser Davos Seaworth (Liam Cunnigham). A rica casa Tyrell está representada na corte pola ambiciosa Margaery Tyrell (Natalie Dormer).
Alén do Mar Angosto, os irmáns Viserys (Harry Lloyd) e Daenerys Targaryen (Emilia Clarke) – os nenos exiliados da dinastía derrotada por Robert Baratheon – intentan recuperar o seu trono lexítimo. Daenerys casou con Khal Drogo (Jason Momoa), o líder dos nómades Dothraki, e é vixilada polo cabaleiro exiliado Ser Jorah Mormont (Iain Glen).





Comentarios

Publicacións populares