A Favor De Vivir Nas Cidades
Vivir Nas Cidades
Vivir nas cidades ten moitos aspectos positivos e outros negativos, e vivir no rural o mesmo; pero eu penso que é mellor vivir na cidade, aínda que viva nunha casa no rural. Vivir nun piso ten aspectos que me gustan máis que vivir nunha casa.
Eu prefiro vivir nun piso na cidade, porque podes ter máis amigas ou amigos que vivan cerca, tés as tendas e supermercados máis cerca, e si che fai falta algo por calquera cousa podes ir andando e non gastas gasolina no coche ou calquer transporte privado, os nenos e adolescentes teñen o colexio ou o instituto cerca, os adultos o lugar onde traballan e os xóvenes teñen máis posibilidade de traballo, podes pasear entre a xente e ao mellor encontrarte cun vello amigo ou amiga. E tamén hai máis actividades extraescolares ou de entretemento nas cidades para ir.
Aínda que tamén hai xente que prefire o rural, vivir nunha casa no campo, con natureza ao redor e sen moita contaminación e menos persoas, eu seguirei preferindo a vida nas cidades, penso que é máis entretido, e aínda que non haxa natureza, prefíroo así porque tampouco me gusta moito a natureza. En conclusión, sempre preferirei vivir nun piso na cidade.

Laura Carballo Boga
Moi bo texto, Laura. Ben de estrutura e contido.
ResponderEliminarTés*= sen til. Con til son as infusións
Si*= se (si é adverbio de afirmación)
Calquer*= calquera
Xóvenes*= mozos, novos, rapaces, mocidade.