A FAVOR DO ABORTO
O ABORTO
O aborto é un dereito que toda a muller debería ter. As mulleres somos libres de escoller a nosa decisión sobre todo respecto a este tema xa que nós somos as que temos o fillo e non o home.
Por moitos motivos este tema causa moita división na nosa sociedade. Xa que algunhas persoas están a favor e outras en contra. Cada persoa defende a súa posición dunha maneira. Pero o máis escoitado pola xente que está en contra é que non é necesario perder ou matar unha vida podendo darlla a outras persoas que non poden ter fillos e que si que queren, por só unha decisión de non ter ese fillo/a. Pero eu contrasto esa información dicindo que non estaríamos matando unha vida, xa que, respectando as leis só poderíamos abortar como data máxima ata os tres meses de quedar embarazada, e nestes momentos (de cero a tres meses) aínda non estaría unha nova vida creada, xa que aínda sería un feto e non un embrión. Ademais toda muller froito dunha violación ten todo o dereito de poder non ter ese fillo/a do seu violador, e abortar negándose así a ter que dicirlle a túa filla, por exemplo, que o seu pai violouna , e que, ao mellor aínda esa fera segue solta polo mundo adiante. Ou tendo que criar a ese fillo/a soa durante toda a súa vida sen o amor que todo neno necesita de dous proxenitores.
Eu pese a todo respecto as dúas opinións pero tamén como muller que apoia o feminismo, posiciónome claramente no lado que defende á libre elección da muller de aborto.

Carla Cortiñas Laíño.
Está fenomenal de estrutura e de contido. Moi ben argumentado e explicado. Xenial o uso da lingua! Noraboa, Carla.
ResponderEliminarOllo cos erros de expresión: “somos libres de escoller a nosa decisión” (de tomar as nosas decisións), “toda muller froito dunha violación...” e no final: “libre elección da muller do aborto” (mellor de abortar)
Ollo coas comas. Deben separarse da seguinte palabra, pero pegadas á anterior.
Podendo*= puidendo